Os orzamentos da Deputación para 2018 ascenden a máis de 80 millóns de euros, os máis altos dos últimos seis exercicios

Compartir

Manuel Baltar afirma que supoñen "unha nova aposta pola cooperación cos concellos, o medio ambiente, os servizos sociais e o emprego".

A Deputación de Ourense será, novamente, a primeira administración pública de España en contar con orzamentos para o próximo año, cumprindo así o establecido no Plan de mandato "Ourense 15-19".

Ourense, 15 de setembro de 2017.- O Presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, presentou os orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2018, que aprobará a Corporación o vindeiro 29 de setembro, sendo de novo a primeira administración pública de España en facelo, asumindo de novo o compromiso incluído no Plan de mandato "Ourense 15-19". A cantidade final ascende a 80.707.000 euros, a máis alta dos derradeiros seis exercicios orzamentarios, e as principais novidades son:

1.- Mantense a previsión de endebedamento cero da Deputación en maio de 2019, reducíndose en máis de cen puntos desde febreiro de 2012.

2.- Potenciase a aposta polo emprego, duplicando a contía do Plan de empregabilidade dos concellos (20.000 euros para todos os concellos), axustando o importe dos proxectos de obras do Plan Provincial (48.000 euros).

3.- Inclúense desde o inicio do exercicio presupostario o Plan de Obras, o Plan de Empregabilidade e o Plan de axudas para actividades relacionadas coa mocidade. Situación que determina o destino, para todos os concellos, de 74.000 euros.

4.- A Deputación volve a financiar íntegramente o Plan de obras, que inclúe tamén ao concello de Ourense e á entidade local menor de Berán (24000). Importe total: 4.477.000 euros.

5.-A rede viaria provincial conta nos orzamentos cun investimento de 2.000.000 de euros.

6.-Dótase o Consorcio Provincial contra Incendios, no que será primeiro ano de pleno funcionamento, con 1.419.750 euros.

7.- Asúmese a parte de financiamento que correspondía aos concellos dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, aportando para este fin a Deputación 813.333 euros.

8.- Os servizos sociais seguen a ser unha aposta clara, co Plan BenOurense.

9.-Increméntanse os orzamentos do INORDE, ascendendo a 1.780.000 euros, para o desenvolvemento local, turístico e económico.

10.- Mantéñense o Plan de Axudas á Natalidade, o Plan de Termalismo (500.000 euros), o Plan para gastos correntes de concellos con insuficiencia financeira ou orzamentaria, a liña de subvencións de deportes (400.000 euros) e o Plan Tarazana de actividades recreativas e culturais(200.000 euros).

13.-O compromiso medioambiental do goberno provincial reflíctese na contía orzamentaria destinada a esa área estratéxica do executivo de Manuel Baltar (12.193.505 euros).

14- A entidade local menor de Berán, por primeira vez, inclúese tamén nos plans de empregabilidade (10.000 euros) e de axudas para a mocidade (3.000 euros).

"Son os orzamentos do emprego e da cooperación, do compromiso coa provincia e cos seus concellos, cos cidadáns e co futuro de Ourense", afirma Manuel Baltar.