Os Reis de España inauguraron no colexio de Pereiro de Aguiar o curso escolar 2014-2015

Compartir

Ourense, 16 de setembro de 2014.- Os Reis de España inauguraron hoxe no colexio Ben-Cho-Sey de Pereiro de Aguiar o curso escolar 2014-2015, nun acto no que estiveron acompañados polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o ministro de Educación, José Ignacio Wert; a presidenta da Parlamento de Galicia, Pilar Rojo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

O Rey Felipe VI pediu no seu discurso "un esforzo realista, conxunto e xeneroso" que sirva para aumentar a calidade da educación "adaptándoa á sociedade do coñecemento e ao mundo globalizado dos nosos días". Logo de saudar aos alumnos e profesores e visitar tres aulas, o Rei lembrou que a educación sempre ten sido un instrumento de progreso para calquera pobo en calquera época histórica, é por elo nestes tempos "é a clave do progreso e do benestar de todos os cidadáns".

O monarca destacou que son moitos os avances conseguidos nas últimas décadas, "pero o sistema segue tendo problemas moi graves, como a alta taxa de abandono escolar e as dificultades para a inserción laboral", carencia que achacou ao desaxuste que existe entre a oferta formativa e as demandas do mercado de traballo.

Esta é a primeira inauguración do curso escolar á que acude como rey Felipe VI, quen dixo que os estudantes "teñen a responsabilidade de aproveitar ao máximo o seu tempo na escola"; os profesores, que teñen a "verdadeiramente difícil" tarefa de formar persoas; e ás familias, que son "parte esencial do proceso".

No colexio Ben-Cho-Sei, que conta con 234 alumnos matriculados, os Reis visitaron as aulas de alumnos de 4, 6 e 10 anos.