Ourense abre o telón para o OUFF29
Ourense, 27 de setembro de 2024.
A alfombra azul volve a Ourense coa inauguración da 29ª edición do Ourense Film Festival, OUFF. Unha noite de estrelas e premios coa que arranca o festival que fará de Ourense o epicentro do cinema en Galicia cunha programación de máis de 60 filmes, que rematará o día 6 de outubro.
A gala inaugural celebrouse no Auditoro Municipal con entradas agotadas. O prato forte da noite foi a estrea do documental Adolfo Domínguez: El eco de otras voces, dirixido pola filla do deseñador e presidenta executiva da marca Adriana Domínguez. Adolfo Domínguez foi un dos impulsores do OUFF nos seis inicios, un dos principales apoios do cineasta Eloy Lozano cando decidiu crear o certame. Ademáis, nese ano presentou como produtor a película Los Moños. Na noite do venres Domínguez regresou ao festival como protagonista dun filme que compite na Sección Oficial Panorama Galicia.
A música contou cun espazo especial no evento, no que a Real Banda de Gaitas de Ourense interpretou o himno do festival e a recoñecida cantante galega saída de Operación Triunfo, Sabela, presetou varias cancións do seu novo traballo. Os xornalistas e presentadores Moncho Lemos e Raquel Domínguez foron os encargados de guiar este acto de apertura da festa do cine en Ourense.
Durante a gala entregáronse os primeiros premios desta edición do festival. A Calpurnia de Honra Internacional recaeu este ano no guionista cubano Alejandro Hernández, o icónico premio, a Calpurnia, entregouna o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Clara Bilbao, deseñadora de vestiario e directora, recibiu o Premio Especial OUFF das mans de Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, organizadora do OUFF. Finalmente, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, entregou ao guionista e produtor Carlos Montero o Premio OUFF Ourense. AISGE, fundación colaboradora do festival, otorgou o seu galardón desta edición á actriz de imaxe e drobaxe Aurora Maestre, en homenaxe a toda a súa traxectoria e contribución ao audiovisual galego. O galardón entregouno a actriz e delegada de AISGE en Galicia Isabel Blanco.
O 29º Ourense Film Festival (OUFF), trae consigo unha programación de categoría que inundará a cidade de ansiado contido cultural do 27 de setembro ao 6 de outubro. En total proxectaranse 60 películas de ficción, documentais e animación repartidas por distintas salas da cidade procedentes de 19 países diferentes. A diversidade e o recoñecemento internacional caracteriza a Sección Oficial de Longametraxes, no que destacan títulos como o Les paradises de Diane (Premio do Público da Sección Panorama do Festival de Berlín), Lo que imaginamos como luz (Gran Premio do Xurado no Festival Cannes), Mongrel (Mención Especial Caméra d'or Prize no Festival de Cannes) ou Sujo (Premio Especial do Xurado no Festival de Sundance). O bo nivel de programación está presente tamén no resto de seccións competitivas (Panorama Galicia, Sección Oficial de Curtametraxes) e non competitivas (Inédito en Ourense Autoras, Cine e Auga, Sesións Especiais, Cine Familiar, Ouffmérides e Ouff series) do festival.
As entradas para asistir ás proxeccións xa se poden mercar en https://www.galicine.com/ouff -para as películas que se presentan nos cines Ponte Vella- e para o resto de eventos e filmes en https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/resultados-busqueda?que…
Destacar que por primeira vez este ano comezamos unha iniciativa de real interese para o festival, a cidade e o sector audiovisual internacional, como é OUFF LAB. Sete proxectos de filmes en desenvolvemento daranse durante a semana cita en Ourense para presentar as súas ideas, avances e intencións artísticas. Tendo como punto de inflexión nas súas futuras obras a rodaxe na nosa provincia.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.