Ourense acolle o oitavo Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península
Ourense, 2 de outubro de 2024.
Ourense esta a ser o escenario do oitavo Encontro de Academias de Cine e Audiovisual da Península que estará centrado na prevención de violencias e acoso no ámbito audiovisual. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, asistiu esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, á apertura deste encontro organizado pola Academia Galega do Audiovisual.
O programa incluirá actividades abertas ao público que serán emitidas en streaming, co propósito de concienciar e formar aos profesionais do sector sobre a importancia de garantir contornas laborais seguras e libres de violencia.