A "Ourense ICC Week" aborda os retos creativos e culturais en Ourense e Galicia
Ourense, 5 de maio de 2017.- A cuarta xornada da "Ourense ICC Week" analizou hoxe os retos culturais e creativos en Ourense e Galicia, e a cultura como medio de superación, en relatorios e debates que se desenvolveron no castelo de Monterrei e no Centro Cultural "Marcos Valcárcel". Na mesa de "Xestión cultura en Ourense" Alberto de Boiro reivindicou "que hoxe en día todos somos xeradores de contidos no mundo dixital" e lembrou os elementos fundamentais que sempre estiveron presentes na xestión cultural, como a cidadanía, a participación, a colaboración, mentres que Iván Prado referiuse ao labor que desenvolve o colectivo "Espazo Matrioska", que se fundamenta no traballo de pintura mural, apostando polo ámbito rural, e Fernando Dacosta explicou a traxectoria dos 22 anos da Miteu. Na mesa sobre "Xestión cultural en Galicia" analizáronse proxectos audiovisuais e de cultural urbana e tendencias dixitais, con desenvolvemento tamén no rural.