Pablo Pérez acompañou á conselleira Ángeles Vázquez na visita a unhas obras de humanización en Quintela

Compartir

Ourense, 25 de outubro de 2022.- O deputado Pablo Pérez acompañou esta mañá á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na visita a unhas obras que se están a realizar en Quintela de Leirado no marco do plan Hurbe, da Xunta de Galicia, e que contan coa colaboración do goberno provincial e do propio Concello, representado esta mañá polo alcalde, José Antonio Pérez. 

O proxecto que se está a realizar supón a mellora do entorno das rúas que comunican o Concello, a igrexa parroquial e a capela.