Pablo Pérez participou na presentación do ciclo Rock Entre Pedra e Poesía
Ourense, 29 de xuño de 2023.- O deputado Pablo Pérez participou esta mañá na presentación da segunda edición do ciclo musical Rock Entre Pedra e Poesía, que se celebrará no Claustro de San Salvador de Celanova o 22 de xullo e o 20 de agosto coa colaboración da Deputación.
A segunda edición do ciclo contará coas actuacións de Javier Gurruchaga e Mad Mission -sábado 22 de xullo- e Revólver e Escuchando Elefantes -domingo 20 de agosto-.
Ademais de Pablo Pérez, na presentación de Rock Entre Pedra e Poesía participaron o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e o organizador do ciclo, José Freiría.