Patricia Torres asiste á Ínsua dos Poetas con motivo do Día do Libro

Compartir

A Esgueva (O Carballiño), 23 de abril de 2024.

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, representou hoxe á Deputación no acto que tivo lugar na Ínsua dos Poetas con motivo do Día do Libro e no que participaron escolares dos centros educativos IES Ferro Couselo de Ourense, CEIP de Maceda, CEIO de Seixalvo, CEIP Terras de Maside, Colexio Luis Vives e Colexio Vila do Arenteiro. O acto contou ademais coa presenza do novo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e a xefa de servizo de Coordinación Cultural na provincia de Ourense, Sandra Quintas; o xefe territorial de Educación, Jorge Rubén Sampedro; e o director da área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez. Todos eles acompañados polo presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.