Patricia Torres asiste na Coruña á inauguración dunha exposición sobre os 40 anos de traxectoria profesional de Roberto Verino
A Coruña, 1 de setembro de 2022.- A deputada de Cultura e Proxectos Audiovisuais, Patricia Torres, asistiu hoxe na Fundación Luis Seoane da Coruña á inauguración da exposición "Belleza serena, 40 años de #estiloVerino", na que o modisto verinense mostra en 35 fotografías e 200 diapositivas a súa traxectoria no mundo da moda ao longo de catro décadas.
Trala inauguración, Patricia Torres afirmou que con esta exposición "queda claro que a moda é unha arte e que a fotografía acompañou nestes anos a un modista excepcional, da man das mellores modelos do mundo". Unha mostra tamén, dixo, "da súa ourensanía, con moita clase e elegancia".