Patricia Torres asiste á sinatura do convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballiño para un plan de sustentabilidade turística
Ourense, 11 de agosto de 2023.- A deputada da comarca do Arenteiro e portavoz do grupo provincial de Goberno, Patricia Torres, asistiu esta mañá á sinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, e o Concello do Carballiño, para a execución dun plan de sustentabilidade turística e gastronomía do polbo, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea cos fondos Next Generation.
Este proxecto ten por obxectivo desenvolver a identidade e o posicionamento do Carballiño como destino gastronómico sustentable referente en Galicia, concentrándose no polbo como elemento central da oferta turística.