Patricia Torres visita a carpa informativa con motivo do Día Mundial do Ril que se conmemora mañá, 14 de marzo

Compartir

Ourense, 13 de marzo de 2024.- A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, representou esta mañá á institución provincial na carpa ubicada na rúa do Paseo. A Fundación Renal, en colaboración con Alcer, realizaron probas gratuítas a cidadanía para valorar a súa saúde renal. Ademais de ofrecer información, consellos nutricionais e explicacións sobre os seus programas de atención a todas aquelas persoas que o desexasen.