As Pazoescolas deportivas celebraron un encontro no Pazo Paco Paz
Ourense, 20 de marzo de 2023.- As Pazoescolas deportiva organizadas polo Servizo de Deportes da Deputación de Ourense celebraron o pasado venres un encontro no Pazo Paco Paz. Este programa persegue como principal obxectivo a iniciación deportiva fundamentada na obtención de valores e na axuda ao desenvolvemento persoal e non na procura do éxito final.
O encontro comezou con partidos de fútbol sala ás 16,30 horas -as escolas invitadas foron as de Xinzo de Limia e Maceda-, e os de básquet ás 17,30 no pavillón auxiliar, coas escolas invitadas de Xinzo de Limia, San Cibrao e Maceda. O peche da xornada púxoo a escola de baile do Pazo Paco Paz.