Peche da Semana forestal na Insua dos Poetas

Compartir

Ourense, 26 de marzo de 2022.- A deputada de Cultura da Deputación de Ourense, Patricia Torres, participou hoxe na Insua dos Poetas, no Carballiño, no peche da Semana forestal impulsada pola Xunta de Galicia con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, que se conmemorou o pasado 21 de marzo. Organizada desde o servizo provincial de Montes e coa participación dos distritos forestais, os participantes procederon á plantación na área natural e cultural de distintas especies autóctonas. No acto tamén participaron o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, o xefe territorial de Medio Rural, Jorge Álvarez, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar.