Plácido Álvarez participa representando á Deputación na reunión sobre o convenio para o mantemento dos GES

Compartir

Plácido Álvarez participa representando á Deputación na reunión sobre o convenio para o mantemento dos GES.

O vicepresidente terceiro e deputado de Emerxencias, Plácido Álvarez, participou esta mañá mediante videoconferencia na reunión, representando á Deputación de Ourense, coa Dirección Xeral de Emerxencias e a Dirección Xeral de Administración Local para analizar a proposta de renovación dos convenios para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).