Pleno extraordinario da Corporación Provincial para a renuncia de Antonio Mouriño

Compartir

A Corporación Provincial celebrou hoxe unha sesión extraordinaria que tivo como único punto da orde do día a toma de razón da renuncia de Antonio Mouriño Villar ao cargo de deputado provincial do Grupo Popular. Mouriño agradeceu aos compañeiros de corporación e aos funcionarios da Deputación o trato recibido ao longo de todos estes anos que desempeñou o seu traballo como deputado provincial, palabras que foron cumplimentadas no mesmo senso polos representantes dos tres grupos políticos.