Pleno extraordinario da Deputación de Ourense de data 3 de novembro de 2015
Ourense, 3 de novembro de 2015.- O pleno extraordinario da Deputación de Ourense celebrado hoxe aprobou cos votos a favor dos 11 membros dos grupos Socialista, Democracia Ourensana e BNG a solicitude conxunta que propuxeron os tres grupos de reprobación da conduta do presidente da Deputación e a petición da súa dimisión. Pola súa banda, o grupo Popular, presentou un escrito que foi lido no pleno polo secretario da institución provincial no que se argumentaba a ausencia dos 14 deputados do PP da sesión plenaria.