Pleno infantil do alumnos do colexio "María Auxiliadora", dentro das actividades da 5ª "Semana Escolar da Provincia"

Compartir

  • O vicepresidente da Deputación recibiu a 75 alumnos de 1º da ESO, que debateron sobre o Entroido, temática desta edición.

Ourense, 27 de novembro de 2017.- O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu hoxe a celebración dun pleno Infantil con motivo da 5ª "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación", protagonizado por 75 alumnos de 1º da ESO do Colexio "María Auxiliadora" de Ourense, acompañados polos seus docentes, quen debateron sobre o entroido, temática desta edición da Semana Escolar que organiza a Deputación de Ourense.

O vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández, foi o encargado de recibir ao alumnado e explicarlles o funcionamento da institución provincial, así como das diferentes Áreas da Deputación de Ourense a través das cales a institución presta servizos a concellos e cidadáns. No pleno, os estudantes aprobaron tres propostas, referidas darlle unha maior difusión ao entroido, e visitas dos maiores aos centros educativos para contar as peculiaridades que tiña esta celebración antigamente.

Esta quinta edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" achega os distintos aspectos relacionados co entroido, como patrimonio inmaterial, aos 8.751 alumnos e docentes inscritos na actividade, pertencentes a 66 centros educativos. Para elo, a Deputación de Ourense editou o manual De Entroido pola ourensanía, ilustrado por Ana Costas e escrito por Alberto Ramos, e tamén unha guía do profesorado e un programa de actividades con propostas de traballo.

A celebración do pleno Infantil inicia a semana de actividades que os centros inscritos realizarán ata o 1 de decembro cando, como peche das actividades, os colexios realicen unha serie de actos relacionados cos traballos feitos ao longo da semana.