Premio de honra In memoriam para o cineasta ourensán José Sousa, nas Xociviga
Ourense, 29 de xullo de 2019.- A deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, entregou na gala de apertura das Xociviga 2019, no Carballiño, o premio de honra In memoriam ao produtor de cine venezolano, o ourensán José Sousa, falecido o 31 de decembro de 2017, galardón que foi recollido pola filla do cineasta Ana Patricia Sousa e que se outorga en colaboración co Ourense Film Festival (OUFF).