Presentación da gala deportiva benéfica de artes marciais
Na sala de xuntas do Pazo Provincial tivo lugar hoxe a presentación da gala deportiva benéfica de artes marciais, en favor de Cáritas, que terá lugar o vindeiro 20 de abril no Pazo dos Deportes Paco Paz, na que colabora a Deputación de Ourense e que contará coa participación de diferentes ximnasios da provincia de Ourense. No acto de presentación interviron o director Cáritas en Ourense, Ángel Mirón; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; e o organizador do evento, Manuel Míguez.