Presentación do calendario solidario de Down Ourense
Ourense, 3 de decembro de 2019.- A Asociación "Down Ourense" e a Deputación de Ourense presentaron hoxe unha nova edición do calendario solidario da asociación, cuxos beneficios van destinados aos programas que desenvolve esta organización. Nesta edición editáronse un total de 400 almanaques. O acto tivo lugar no Pazo Provincial, coa participación da deputada provincial de Benestar, Luz Doporto, e da presidenta de Down Ourense, Mara Prieto, quen agradeceu á Deputación o apoio a prol da labor social e as actividades que realiza Down Ourense. Neste sentido, Luz Doporto afirmou que o goberno provincial segue potenciando a súa colaboración con proxectos ámbito social –en 2019 a Deputación colaborou con 59 entidades sen ánimo de lucro-, "dos cales máis dun 72 % foron iniciativas dirixidas a colectivos de diversidade funcional nas súas múltiples situacións", expresou a deputada provincial.