Presentación do VII ciclo Cine e Vida

Compartir

  • As proxeccións serán no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" de novembro a marzo.

Ourense, 27 de novembro de 2017.- O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", na presentación dun novo ciclo "Cine e Vida", unha iniciativa organizada polo Bispado de Ourense e que acada a súa sétima edición. No acto tamén estiveron o coordinador do ciclo, Francisco Prieto, e o sacerdote de Mariñamansa, Luís Rodríguez.

Baixo o lema "Rostros Samaritanos", esta sétima edición comeza o 29 de novembro coa proxección de Luz de Soledad; o día 20 de decembro será a quenda para o filme El profesor de Violín; o 24 de xaneiro proxectarase Si Dios quiere; o día 21 de febreiro La buena mentira; e o día 21 de marzo pechará o ciclo Lo que de verdad importa. As películas proxectaranse no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense, ás 20.00 horas.