Presentación en Santiago de Compostela das Xornadas "Abrente, 40 anos despois"

Compartir

O Salón Teatro de Santiago acolleu esta mañá a presentación das Xornadas "Abrente, 40 anos despois". Estas xornadas, que se celebrarán en Ribadavia os días 13 e 14 de decembro, pretenden conmemorar o 40 aniversario da Mostra de Teatro Abrente e poñer en valor o papel que a Agrupación Cultural Abrente tivo coma colectivo impulsor do nacemento do novo teatro galego.

O acto de presentación contou con representantes de tódalas institucións implicadas na organización destas xornadas: Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Real Academia Galega da Lingua e Concello de Ribadavia, así como tamén estiveron presentes membros da Agrupación Cultural Abrente.

O programa destas xornadas abrangue mesas redondas, presentación de diferentes materiais conmemorativos coma o libro que recolle os textos gañadores das mostras no período 1973-1980, ou o libro de Xesús Alonso Montero "Ricard Salvat e o teatro galego". Proxectarase tamén o documental "Abrente, unha clave para o teatro galego", de Antonio Simón, e a compañía Teatro do Antroido representará "Bailadelas", a obra de Roberto Vidal Bolaño.