Ramón Villares aborda a "Análise e perspectivas do Caso Catalán", na "I Semana Ourensá de Análise Política"
Ourense, 11 de abril de 2019.- O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Ramón Villares abordou hoxe na antiga Biblioteca do Pazo Provincial, a cuestión da "Análise e perspectivas do Caso Catalán", dentro da "I Semana Ourensá de Análise Política", un ciclo de conferencias que organiza a Deputación de Ourense e a Fundación Castelao centrado nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. O historiador Ramón Villares publicou máis de setenta libros e artigos vencellados a súa especialidade como Historia de Galicia, Historia da emigración galega a América, Foros, frades e fidalgos: estudos de historia social de Galicia, entre outras obras.
Mañá venres, 12 de abril, pechará esta primeira Semana Ourensá de Análise Política que converteu a Ourense no lugar de encontro para o debate e a opinión de expertos no ámbito das ciencias políticas sobre temas territoriais e identitarios, o historiador e presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi co tema do "Nacionalismo e federalismo na España actual".