A Real Banda de Gaitas ofrece na igrexa de Santa Rita do Barco de Valdeorras o seu tradicional concerto de Nadal
O Barco de Valdeorras, 27 de decembro de 2023.- A igrexa de Santa Rita do Barco de Valdeorras acolleu esta tarde o Concerto de Nadal ofrecido pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, organizado pola institución provincial en colaboración cos obispados de Astorga e Ourense.
No concerto deste ano, a Real Banda entregou a súa medalla de ouro a Aurora Lolo Rodríguez, polo seu traballo de preservación dos cánticos de tradición oral, así como diplomas de recoñecemento a recoñecidas cantareiras.
A Real Banda de Gaitas iniciou a súa actuación coa Marcha Procesional dos Caladiños, ademais de interpretar unha suite de música céltica, seis movementos da Égloga Operística Pastora da Serra Sola así como a interpretación escenificada da Historia do Gaiteiriño da Edrada no seu camiño a Belén, incluíndo Ave María de Schubert.
No concerto colaborou tamén o Orfeón Valdeorrés interpretando conxuntamente coa Real a Alborada de Veiga e o himno galego.