Recepción á presidenta da Asociación de Empresarias e Profesionais de Ourense
Ourense, 11 de decembro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á presidenta da Asociación de Empresarias e Profesionais de Ourense, María Cabanelas. Baltar destacou que o ámbito de actuación desta entidade coincide co da Deputación -a provincia de Ourense- e salientou que a institución provincial estudará os proxectos que, neste sentido, presente a asociación, para apoialos.