Recoñecemento o labor do Pazo dos Deportes da Deputación de Ourense

Compartir

O vindeiro venres, 27 de setembro, ás 16.30 horas, na Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense terá lugar o acto inaugural do Curso Académico 2013-2014 do Máster en Xestión empresarial do deporte de dita facultade, no decurso do cal darase conta do recoñecemento público ao Pazo dos Deportes "Paco Paz" da Deputación de Ourense "pola colaboración, apoio e axuda que ven prestando desde os seus inicios para ofrecer á sociedade unha educación superior de calidad, moderna e adaptada ao seu entorno máis inmediato". Engade o recoñecemento que os consellos e suxestións do Pazo dos Deportes "teñen servido para crear un máster atractivo e interesante para o alumnado e o sector deportivo en xeral".

O acto estará precedido por unha conferencia inaugural a cargo de Plácido Rodriguez Guerrero, presidente da International Association of Sport Economists, quen falará sobre "A economía do deporte", e estará presidido por Manuel Fernández Iglesias, vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais da Universidade de Vigo.