A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas celebra a súa asamblea na Deputación de Ourense
- Rosendo Fernández destacaou no acto de inauguración a importancia das alianzas entre administracións para favorecer accións proactivas para os cidadáns e o territorio.
No Salón de Plenos da Deputación de Ourense tivo lugar hoxe a asamblea xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), da que forma parte a Deputación de Ourense en calidade de membro da Asociación Europea de Cooperación Territorial "Vale do Támega". No decurso da asamblea analizouse o novo periodo de programación dos fondos europeos 2014-2020 e os novos retos aos que se enfronta a cooperación entre administracións, co obxectivo de levar propostas á vindeira Cumbre Ibérica que celebrarán España e Portugal en 2014.
No acto de inauguración, o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, destacou a importancia das alianzas entre administracións "para favorecer accións proactivas en favor dos cidadáns e dos territorios", e dixo que no ámbito transfronteirizo, como é o caso, a dita cooperación ten que fornecerse aínda máis, tendo á innovación, a sostibilidade, a inclusión social e o emprego como núcleo da colaboración entre institucións, organizacións e todos os axentes europeos implicados".
A asamblea contou coa presenza do presidente e do secretario xeral da RIET, así como cos presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, José Manuel Fernández Alvariño; o presidente da CEO, José Manuel Pérez Canal, e os representantes dos vinte socios que conforman a RIET, entre entidades transfronteirizas e asociacións empresariais de España e Portugal.
A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas de Cooperación ten a finalidade de promover o desenvolvemento socioeconómico nos territorios da fronteira hispano-portuguesa e contar con voz única diante dos gobernos de España, Portugal y de UE no momento no que se negocian en Bruxelas os fondos para o periodo de programación 2014-2020.