Representantes do Festival da Canción Popular IGF Caravan visitan a Deputación de Ourense

Compartir

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe aos representantes dos grupos participantes no Festival Internacional da Canción Popular IGF Caravan, que visitaron a institución provincial. Unha delegación integrada por trinta directivos e artistas procedentes de Israel, Italia, Rumanía, Hungría, Bulgaria, Turquía, Ucrania, España e Grecia, mantiveron un encontro co presidente provincial, acompañados polo presidente do IGF, Dorel Cosma, e polo vicepresidente do organismo, José Antonio Viñas, igualmente director de Queixumes dos Pinos, grupo encargado de organizar o festival, incluído nas festas de Ourense.