Reunión de Manuel Baltar co presidente da Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica
Ourense, 16 de febreiro de 2020.- O presidente da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa (EHTTA), Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica e Climatolóxica, o doutor Pedro Cantista, para avaliar posibles proxectos de colaboración en materia de termalismo por parte de ámbalas dúas entidades termais. Durante a reunión, acompañounos Mario Crecente, vicepresidente do Comité Científico da EHTTA.