Reunión de Manuel Baltar co presidente de Afundación
Ourense, 19 de agosto de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, para avaliar as actividades que desenvolven conxuntamente ambas entidades e avanzar na planificación das futuras actuacións que se celebrarán no marco da alianza de colaboración que existe entre a Deputación de Ourense e Afundación.