Reunión de Manuel Baltar cos alcaldes da mancomunidade de Santa Águeda
Ourense, 14 de febreiro de 2020.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial cos alcaldes da mancomunidade de municipios Santa Águeda: o rexedores de Vilamarín, Amador Vázquez, presidente da mancomunidade; Coles, Manuel Rodríguez; Amoeiro, José Luis González, e A Peroxa, Manuel Seoane, quen formularon unha petición de axuda á Deputación de Ourense consistente nunha achega de 60.000 euros para necesidades de tesourería da entidade.