Roberto Blanco Valdés analiza a "Vindicación da España constitucional", na "I Semana Ourensá de Análise Política"
Ourense, 9 de abril de 2019.- O catedrático de Dereito Constitucional no Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela, Roberto Blanco Valdés, analizou hoxe na antiga Biblioteca do Pazo Provincial, a "Vindicación da España constitucional", dentro da "I Semana Ourensá de Análise Política", un ciclo de conferencias que organiza a Deputación de Ourense e a Fundación Castelao centrado nas visións e perspectivas da organización territorial do Estado. Mañá mércores, 10 de abril, será a quenda para Francisco Rodríguez, encargado de analizar a temática de "A España soberanista".