Rosendo Fernández acompaña á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na supervisión das obras da senda peonil en Ponte Sevilla
Ourense, 5 de outubro de 2022. - O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañou en Ourense á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na supervisión das obras de execución da senda peonil na estrada OU-105, en Ponte Sevilla. Na visita tamén estiveron, entre outros, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o tenente alcalde de Ourense, Armando Ojea.
A conselleira remarcou que esta "nova acción da Xunta de Galicia en Ourense forma parte dunha intervención máis ampla, que inclúe a construción dunha senda de case 1,5 km na estrada que vai a Trives, na OU-536, na Rabaza; e un itinerario de 1,1 km, na Avenida de Ponferrada". En total, detallou Ethel Vázquez, a intervención abarca 3,5 quilómetros de sendas nos que a Xunta está a investir 1,8 millóns de euros.