Rosendo Fernández acompaña á conselleira de Infraestruturas na visita ás obras das sendas avenida das Caldas e Río Barbaña

Compartir

Ourense, 12 de decembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na visita institucional ao inicio das obras do Eixo de Mobilidade Sostible de Ourense: as sendas da avenida das Caldas e do río Barbaña, que conformarán un itinerario que conectará Ourense de norte a sur.