Rosendo Fernández analiza en Guadalajara os proxectos realizados no marco de Femembalses

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou na reunión da Comisión Executiva de Femembalses celebrada hoxe en Guadalajara

Entre os asuntos abordados polos membros da comisión, incidiuse en actuacións realizadas por Femembalses nos últimos meses, relacionadas con cumprimento de obxectivos e presentación de informes de proxectos realizados.

Abordouse o proxecto Turembalses e POCTEP, sobre o destino turístico transfronteirizo e sostible unido pola auga.