Rosendo Fernández asiste á 5ª edición da iniciativa veciñal “Palillando entre barrios”, organizada pola AVV As Termas
Ourense, 21 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá ao inicio da 5ª edición da iniciativa veciñal "Palillando entre barrios", que cada ano organiza a AVV As Termas, co apoio da Deputación, na praza 200 da capital ourensá, e que congrega ao alumnado dos cursos de encaixe de bolillos en diferentes entidades veciñais de Ourense.
O encaixe de bolillos é das iniciativas que máis demanda teñen por parte das AAVV entre todas as actividades que anualmente organizan as Asociacións Veciñais. Un labor que combina axilidade e destreza nas mans das palilleiras e que o convirte nunha verdadeira arte con fonda tradición na cultura galega.