Rosendo Fernández asiste á celebración da XII Festa de Exaltación do Porco ó Espeto da Merca
A Merca, 2 de setembro de 2023.- O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe á celebración da XII edición da Festa de Exaltación do Porco ó Espeto da Merca. Unha celebración, con profundo arraigo popular, que rende homenaxe aos oficios tradicionais de marrelleiros e tratantes que durante moitos anos foron os traballos por excelencia deste pobo.
O evento gastronómico, organizado pola asociación A peneda da lebre, coa colaboración da Deputación de Ourense e do Concello da Merca, celébrase nun enclave patrimonial de referencia na nosa provincia como é o conxunto de canastros deste municipio, formado por un total de 34 canastros converténdoo no máis grande de Galicia.