Rosendo Fernández asiste á celebración do Día do Pilar, patroa da Garda Civil
Ourense, 12 de outubro de 2023.- O deputado delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Ourense á celebración do Día do Pilar, patroa da Garda Civil. Este día achega ao Benemérito Corpo á sociedade civil reforzando o seu sentido de proximidade, humildade e principios.
Trala misa na Catedral de Ourense, os actos con motivo do Día do Pilar trasladáronse ao acuartelamento de Santa Mariña para celebrar un acto institucional castrense ao que asistiron numerosos representantes civís e militares da provincia.