Rosendo Fernández asiste á clausura da mostra fotográfica veciñal de Santa Cruz de Arrabaldo
Ourense, 19 de novembro de 2023.- Os veciños da localidade de Arrabaldo recuperaron a historia do lugar e das súas xentes a través dunha exposición fotográfica. Na igrexa de Santa María poderase visitar unha exposición cumpuesta por máis de oitocentas imaxes que contan a historia do pobo, a cultura do viño e a relación co río Miño. Tras inaugurarse o pasado día 10, hoxe pola tarde foi clausurada nun acto ao que asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e que estivo amenizado polas pandereteiras de Laias. A exposición pasará a estar disponible desde mañá nas instalación do grupo escolar.