Rosendo Fernández asiste á entrega do Premio Otero Pedrayo para estudantes de Bacharelato, en Trasalba
Amoeiro, 10 de abril de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá ao acto de entrega do Premio Otero Pedrayo para estudantes de Bacharelato, celebrado no Pazo Museo Otero Pedrayo de Trasalba.
Nesta ocasión foi a alumna de 2º Bacharelato do IES Otero Pedrayo de Ourense, Lucía González Vázquez, a gañadora do galardón co traballo "Poesía e Xeografía de Bocarribeira".
Nesta terceira edición do certame, o xurado estaba integrado por Xesús Alonso Montero, María José Bravo Bosch, José Eduardo López Pereira, Xosé A. López Silva, Isabel Mociño e Patricia Arias Chachero, como secretaria da Fundación.