Rosendo Fernández asiste á estrea do documental “Covas de Valdeorras” no Museo do Viño de Galicia
Ourense, 30 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe á estrea do documental "Covas de Valdeorras" no Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia. O filme, promovido pola Asociación Ruta do Viño e dirixido por Cristina de la Torre, pon en valor este elemento etnográfico singular como son as "covas" e que son un dos principais atractivos turísticos da comarca.