Rosendo Fernández asiste á inauguración das Jornadas de Delegados Diocesanos de Pastoral de la Carretera
Ourense, 18 de outubro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Ourense á inauguración das Jornadas de Delegados Diocesanos de Pastoral de la Carretera, que se están celebrando na Casa Diocesana de Ejercicios "Santa María Madre". Estas xornadas están organizadas pola Subcomisión Episcopal para las Migraciones y Movilidad Humana do Departamento de Pastoral de la Carretera da Conferencia Episcopal Española (CEE).
No acto inaugural tamén estiveron o director xeral da Dirección General de Tráfico (DGT), Pere Navarro; o presidente do Departamento de Pastoral de la Carretera da CEE, Ciriaco Benavente; e o obispo de Ourense, Leonardo Lemos; ademais do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, a xerente do Inorde, Emma González; ou a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama.