Rosendo Fernández asiste á inauguración do XXIII Congreso internacional de Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo

Compartir

Ourense, 23 de novembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández asistiu hoxe, no Centro Cultural José Angel Valente, á inauguración do XXIII Congreso internacional de Galicia-Norte de Portugal de Formación para o Traballo que se celebra os días 23, 24 e 25 de novembro na provincia de Ourense.

A provincia acolle por segunda vez esta cita internacional que baixo o lema "Mantras para a formación, a orientación e o emprego na interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal", reunirá a máis de cen investigadores, estudantes, orientadores, docentes e profesionais do ámbito da formación e do traballo de diferentes puntos de España, Portugal e outros países.