Rosendo Fernández asiste á inauguración en Xunqueira de Espadanedo do IX Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

Compartir

Ourense, 11 de agosto de 2023.- O deputado provincial de Turismo, Rosendo asistiu este mediodía á inauguración do IX Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia.

Este evento, co que colabora a Deputación de Ourense, desenvolverase desde hoxe e ata o domingo 13 de agosto no Museo Obradoiro de Olería de Niñodaguia e contará con artesáns invitados de Galicia e Portugal. Entre as actividades previstas, destacan visitas guiadas ao Museo Obradoiro de Olería de Niñodaguia, obradoiros infantís, exhibicións de diferentes oficios artesáns e visitas aos fornos tradicionais de Niñodaguia.

Ademáis, o programa completarase cun concerto, previsto para hoxe ás 21:00 horas, a cargo de Rocío Caamaño, nas instalacións do museo.