Rosendo Fernández asiste á misa inaugural das novas campás de Santa Mariña do Monte

Compartir

Ourense, 14 de outubro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á misa inaugural das novas campás da parroquia de Santa Mariña do Monte (Ourense). A eucaristía estivo presidida polo bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos.

Esta parroquia do municipio de Ourense levaba oito anos sen campás e tralo esforzo do párroco e de catro veciños desta localidade finalmente puideron recuperalas, mediante o seu arranxo e baixo o permiso de Patrimonio.