Rosendo Fernández asiste ó acto de aniversario da Asociación Ourensividad
Ourense, 25 de abril de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxe no Liceo ó acto de aniversario da Asociación Ourensividad. Na xornada, amenizada coa actuación do coro do colexio Plurilingüe Padre Feijóo-Zorelle, deuse conta das actividades anuais realizadas pola entidade.
Tamén se celebrou unha mesa redonda moderada polo xornalista Juan Maceiras, na que participou o farmacéutico e dietista, Pablo García que falou do vínculo entre a dieta atlántica e a lonxevidade; o médico especialista en hidroloxía médica, Antonio Freira abordou a relación entre o termalismo e a saúde; e o doutor en psicoloxía e presidente da Sociedade Galega de Geriatría e Gerontología, Chema Failde, foi o responsable de achegar a visión sobre o envellecemento saudable e o edadismo.
Esta entidade nace froito dun traballo de anos na provincia de Ourense entre diferentes profesionais e asociacións en pro do fomento da saúde. Está integrada por médicos, farmacéuticos, nutricionistas, enfermeiras, profesores, empresarios, pola Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense e polas asociacións Escola Rural de Saúde da Limia e a Asociación diabética Auria.