Rosendo Fernández asiste á presentación da exposición "A arte da guerra / A guerra da arte (56)" na Sala Alterarte do Campus de Ourense

Compartir

Ourense, 3 de outubro de 2024.

O espazo expositivo do campus de Ourense, a Sala Alterarte, inaugura unha nova mostra: "A arte da guerra / A guerra da arte (56)", do equipo FOCO curada por Marita Carmona.

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde á presentación desta exposición que explora a relación entre a arte, o poder e a guerra, propoñendo unha reflexión profunda sobre as estruturas que sustentan a nosa sociedade.