Rosendo Fernández asiste á presentación do nº11 da revista “Nós, a xente do redor”, en representación da Deputación de Ourense
Ourense, 17 de setembro de 2023.- A sede da Sociedade Cultural Albor albergou hoxe a presentación no número 11 da revista "Nós, a xente do redor". A este evento asistiu o deputado delegado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen ratificou o apoio constante da Deputación a todas as iniciativas culturais que se producen en Ourense.
A revista, dirixida por Avelino Jácome Dobarro, conta tamén coa páxina web www.nosaxentedoredor.org