Rosendo Fernández asiste á toma de posesión do novo comisario provincial da Policía Nacional de Ourense
Ourense, 28 de decembro de 2023.- O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá á toma de posesión do novo comisario provincial da Policía Nacional de Ourense, Castor Vázquez.
O acto oficial celebrouse na sede da Subdelegación do Goberno en Ourense e contou coa asistencia do xefe superior da Policía de Galicia, Ramón Gómez Nieto, así como da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e outras autoridades institucionais, xudiciais e militares da provincia.