Rosendo Fernández asiste a un encontro de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para coñecer o proxecto do novo vial de aceso ao CHUO

Compartir

Ourense, 2 de agosto de 2023.- O deputado delegado de representación institucional, Rosendo Fernández, asistiu hoxed ao encontro de traballo celebrado no CHUO coa presenza da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial.

Ethel Vázquez anunciou a licitación da redacción do proxecto do novo acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense desde a N-525, que suporá un investimento estimado de 5 millóns de euros. Cunha lonxitude de 640 metros, o novo viario conectará a N-525 coa avenida do Regato, facilitando un acceso directo cara ao hospital.